A nosa paixón pola historia e a ansia por reconstruír o pasado son unha sólida base sobre a que se sustenta "a reconstrución en vivo dun feito histórico", que leva a quen a practica a deixar de ser un pasivo espectador para pasar a revivila en primeira persoa.
As Recreacións permítennos volver a vista ao pasado, lembrar, revivir, sentir e reflexionar sobre a mentalidade, a sociedade e a forma de vivir dos nosos antepasados
Cunha rigorosa localización temporal e espacial dos feitos, pondo un especial coidado na ambientación e o atrezo.
Ofrecemos unha forma de lecer diferente, procuramos achegar a historia dunha maneira máis atractiva a persoas de todas as idades, na que nenos e maiores forman parte activa nestes acontecementos, achegando o noso legado cultural a todo tipo de público.
Coma se dunha máquina do tempo tratásese, trasladamos ao público e participantes ao lugar escollido coa súa temática especial, podendo penetrarse nas reviravoltas do pasado e gozar de todo un espectáculo cheo de vivencias e sorpresas.
Podemos recrear os momentos pasados que se poidan lembrar, imaxinar e soñar, só ten que dicirnos "que momento" ou que ?lenda? e "onde quere realizalo" e nós encargarémonos de todo o demais.