Promoción de Produtos e Festas de Empresa
Unha maneira de presentar ou potenciar un determinado produto ou servizo é buscar recursos impactantes para chamar a atención dos asistentes, mediante animacións cun compoñente visual, recreación de personaxes, actuacións musicais en directo e animacións interactivas buscando a complicidade dos asistentes.
Ademais do seu aspecto lúdico, este tipo eventos é unha formidable ferramenta de mercadotecnia e comunicación, ideal para coidar e mellorar a imaxe da empresa, favorecendo as relacións entre a empresa e o cliente, ou entre a empresa e os seus traballadores.
O noso obxectivo é ofrecer o mellor servizo personalizado a cada cliente, dar asesoramento e solucións en todo o que se refire a organización de eventos, espectáculos e accións itinerantes de calquera tipo, enfocadas á mercadotecnia publicitaria, presentacións de produto, inauguración de negocio, congresos, xornadas de incentivo profesional, recepcións....
Traballamos para presentarlle os proxectos mais orixinais, innovadores e impactantes, contamos cun equipo de profesionais relacionados coa danza, o teatro, a música, a escenografía, a publicidade e as relacións públicas que nos serve de soporte para presentarlle as mellores ideas.
As empresas de publicidade e mercadotecnia, produtoras de medios audiovisuais, axencias de organización de eventos, atoparán na nosa empresa ideas, medios e facilidades