Produción de Atrezo e Ambientación de espazos
Dispomos dunha produción propia de elementos necesarios para xerar unha ambientación con rigor e respecto á contextualización histórica do evento que imos organizar.
Adaptámonos a todo tipo de espazos e temáticas, procurando na medida do posible unha coidada ambientación que contribúa a que os asistentes participen da maxia do ambiente.
O cliente só ten que facilitarnos a súa idea, indicarnos o lugar no que se vai a celebrar o evento e nós encargámonos de todo o demais.
Contamos cunha ampla variedade de elementos decorativos que constitúen o noso potencial de atrezo, e a capacidade e recursos necesarios para o seu deseño e produción.
Atrezo Medieval
- 5.000 metros de tiras de 5 metros de longo, de teas de diversos colores formas e tamaños para a ornamentación das rúas.
- Pendóns e outros elementos representativos das 3 Culturas (Cristiá, Xudía, Musulmá) elaborados en tea de 1 metro de ancho x 1,70 metros de altura
- Escandalosas de 3 metros de longo
- Conxuntos de triángulos multicor de 60 x 80 centímetros, suspendidos de tiras de 5 metros de longo
- Soportes de madeira con topes ornamentais para a colocación dos pendóns.
- Lanzas de madeira de 3 metros de altura.
- Escandalosas de tea para as lanzas.
- Escudos
- Teas diversas para a ocultación de elementos non acordes.
- Rótulos de Dirección para a sinalización do circuíto
- Palla para a ambientación do chan, empalizada tiro con arco e outros puntos decorativos.
- Etc...
Atrezo Romano
- Columnas
- Capiteis
- Esfinges
- Escandalosas xigantes
- Metros de teas colorees
- Bustos con pedestais
- Pebeteros
- Ánforas con bancos de soportes
- Teas
- Reproducións de Xogos Antigos
- Reprodución circuíto escavacións
- 30-40 traxes
- Accesorios e complementos para traxes
- Campamento Militar
- Catapulta
- Armas de época
- Tendas
- Empalizada
- Carro
- Deuses
- Mesas
- Bancos
- Etc...
Atrezo Celta
- Tiras de tea 5 metros de longo
- Teas de 1 metro de ancho x 1,70 metros de altura con motivos celtas
- Soportes de madeira para a colocación das teas.
- Escudos con motivos celtas
- Teas para a ocultación de elementos non acordes.
- Elementos decorativos,
- Etc...