Como empresa galega especializada no sector da recreación histórica, ofrecémoslles un servizo integral de deseño, organización e produción de eventos, creando proxectos exclusivos e a medida.
Buscamos sempre solucións diferentes e innovadoras, que permitan aos nosos clientes diferenciarse da súa competencia, xerando o maior impacto nos asistentes.
A nosa capacidade de deseño e produción permítenos a realización de espectáculos e ambientacións exclusivas e innovadoras, executando unha posta en escena de alta calidade e proporcionándolles un gran número de solucións exclusivas.
Contamos cun amplo abanico de recursos humanos, medios, servizos, espectáculos e infraestruturas para conseguir que o seu evento sexa un éxito.
Para garantir a autenticidade na recreación de feitos históricos, contamos coa asesoría e colaboración de entidades cualificadas na materia, ademais do labor de consulta de textos, traballos e bibliografía especializada.
En definitiva, ofrecemos un servizo integral adaptado ás súas necesidades para garantir o éxito do seu evento.