Servizos Empresas
Español(Spanish Formal International)Galician (Galego)

Empresas

Correo-e Imprimir PDF

Promoción de Produtos e Festas de Empresa

Unha maneira de presentar ou potenciar un determinado produto ou servizo é buscar recursos impactantes para chamar a atención dos asistentes, mediante animacións cun compoñente visual, recreación de personaxes, actuacións musicais en directo e animacións interactivas buscando a complicidade dos asistentes.

Ademais do seu aspecto lúdico, este tipo eventos é unha formidable ferramenta de mercadotecnia e comunicación, ideal para coidar e mellorar a imaxe da empresa, favorecendo as relacións entre a empresa e o cliente, ou entre a empresa e os seus traballadores.

O noso obxectivo é ofrecer o mellor servizo personalizado a cada cliente, dar asesoramento e solucións en todo o que se refire a organización de eventos, espectáculos e accións itinerantes de calquera tipo, enfocadas á mercadotecnia publicitaria, presentacións de produto, inauguración de negocio, congresos, xornadas de incentivo profesional, recepcións....

Traballamos para presentarlle os proxectos mais orixinais, innovadores e impactantes,  contamos cun equipo de profesionais relacionados coa danza, o teatro, a música, a escenografía, a publicidade e as relacións públicas que nos serve de soporte para presentarlle as mellores ideas.

As empresas de publicidade e mercadotecnia, produtoras de medios audiovisuais, axencias de organización de eventos, atoparán na nosa empresa ideas, medios e facilidades

 

Galería Empresas

images/resized/images/stories/demo//empresas1_75_75.jpgimages/resized/images/stories/demo//empresas2_75_75.jpgimages/resized/images/stories/demo//empresas3_75_75.jpgimages/resized/images/stories/demo//empresas4_75_75.jpgimages/resized/images/stories/demo//empresas5_75_75.jpgimages/resized/images/stories/demo//empresas6_75_75.jpg

?>