• Calendario Eventos

  • Próximo Evento

Calendario convocatoria 2012.

Infórmate e solicita.

   Os días 21, 22 e 23 de Abril celebraráse o I Mercado Goyesco de Aranda de Duero (Burgos)

Español(Spanish Formal International)Galician (Galego)

III Mercado medieval de redondela festa da coca

5 e 6 de Xuño: Redondela (Pontevedra)

A 14,8 Km de Vigo, 23,20 Km de Pontevedra e a 82,8 km de Santiago de Compostela.

 

Aberto o prazo de Pre - Inscripción.


(descargar solicitude e normas de participación)

 

 

5 e 6 de Xuño: Redondela (Pontevedra)
Época que se recrea: Medieval

A tradicional celebración da Festa da Coca en Redondela, declarada de Interese Turístico Galego en 2001, está baseada nunha lenda que provén dos tempos da Idade Media, segundo a cal un dragón baixaba á vila para levar a unha moza á súa cova, ata que un grupo de mozos da localidade decidiron facer fronte ao monstro e liberar ás prisioneiras conseguindo abatelo coas súas espadas.
Para lembrar esta lenda ancestral, todos os anos no desfile do Corpus Christi sácase á rúa a figura da Coca, e realízase a Danza das Espadas e o Baile das Penlas.
No marco desta multitudinaria festa tradicional, inclúese a celebración do Mercado Medieval, que este ano alcanza a súa terceira edición e cuxa acollida e repercusión increméntase con cada edición.
Daranse cita artesáns e mercadores, talleres demostrativos e participativos, actores, músicos, malabaristas e un amplo programa de actividades participativas e espectáculos para toda a familia, no que non faltarán a música, o lume e a pirotecnia, para entreter e sorprender a redondelanos e visitantes.
A súa localización na Ría de Vigo, confírelle un gran atractivo na época estival, distando soamente 14,8 km e 23,2 km. de Pontevedra, sen esquecer o 82,8 km a Santiago de Compostela, punto de encontro obrigado para miles de peregrinos neste ano Santo.

Modificado o ( Venres, 11 Xuño 2010 18:29 )  

Galería PORTADA

images/resized/images/stories/demo//portada1_75_75.jpgimages/resized/images/stories/demo//portada2_75_75.jpgimages/resized/images/stories/demo//portada3_75_75.jpgimages/resized/images/stories/demo//portada4_75_75.jpgimages/resized/images/stories/demo//portada5_75_75.jpgimages/resized/images/stories/demo//portada6_75_75.jpg

Estadísticas

Membros : 12
Contido : 46
Ligazóns Web : 6
Visualizacións de contidos : 121522

?>