
8, 9 e 10 de Xullo: Muros (A Coruña). Temática: Mariñeira.
O concello de Muros está situado no extremo norte da ría de Muros e Noia, a máis septentrional das Rías Baixas. O seu enclave privilexiado e a riqueza histórica da vila convirtena nun dos concellos galegos con maiores potencialidades de explotación turística. Está integrado por sete parroquias: Abelleira, Esteiro, Louro, Muros, Serres, Tal e Torea.
O Mercado terá lugar durante a celebración das VII Xornadas de Cultura Mariñeira "Muros Mira ao Mar" que se celebran en Muros do 7 ao 11 de Xullo.
Muros Mira ao Mar definese como unha auténtica festa de exaltación das tradicions relacionadas co mar e vense celebrando con gran éxito dende hai seis anos.
Durante a fin de semana a vila engalanase con motivos mariñeiros e realizanse diversos actos relacionados co patrimonio marítimo.
Aberto o prazo de preinscripción (descargar solicitude e normas de participación)
Muros é unha das localidades con máis historia da provincia de A Coruña, declarada Conxunto Histórico Artístico en 1970.
A historia de Muros está vinculada ól mar dende hai séculos. Así a súa herencia é un inmenso patrimonio marítimo e mariñeiro, conformado por centos de anos de vida a carón do mar.
Por iso se trata dun mercado con ambientación mariñeira (non medieval, non pirata)
Enviadenos fotografías dla parada con decoración mariñeira.
"Darase preferencia ós postos cuxa decoración e produtos resulten máis acordes coa ambientación mariñeira"
Se tes dúbidas sobre a decoración e o vestiario, chámanos e te orientaremos.
Enlaces de interés:
- Cartel Oficial das VII Xornadas de Cultura Mariñeira
- Máis información sobre a localidade: www.muros.es
- Cómo chegar









