22, 23 e 24 de Xullo, Corcubión (A Coruña)
O concello de Corcubión está situado no extremo oeste da provincia de A Coruña, a 91 km da capital e a 71 km de Santiago de Compostela.
Aberto o prazo de Pre-Inscripción. (descargar solicitude e normas de participación)
Situado na ría co mesmo nome, Corcubión leva habitado dende a antigüedade. Os restos máis antigos supoñen a zona habitada pola tribu celta dos Nerios. Xa na idade Media estas terras foron señorío de Traba e Trastámara, de cuxa época conservase o "Pazo dos Traba". Posteriormente no século XIV pasa a depender da casa de Altamira, testemuña destos tempos é o "Pazo dos Altamira", que todavía se conserva na actualidade.
Nestos tempos comenzou a cobrar importancia o porto da vila, debido á pesca da sardiña e o congro, e ás relacions comerciais coa Senerísima República de Venecia. A importancia destos acordos comerciais faise evidente ante a construcción no s. XIII da Iglesia parroquial de San Marcos, patrón de Venecia, que pasou a substituir ó patrón orixinal San Andrés de Canle.
O Mercado Medieval, que cumple este ano a súa onceava edición, está fortemente arraigado entre as xentes da vila. Grandes e cativos atavíanse con ropas típicas da época e gozan coa vida medieval, facendo deste mercado unha festa na que todo o público participa, disfrutando cos xogos, espectáculos, postos de artesanía e talleres.
Enlaces de interés:
PROGRAMA
VENRES 22 XULLO
- 19:00 Apertura dol Mercado
- 19:00 Pasarúas inaugural: Bufóns, malabaristas, zancudos e seres fantásticos ambientan xunto cos músicos o mercado medieval.
- 22:30 Espectáculo nocturno
SÁBADO 23 DE XULLO
- 11:30 Apertura do Mercado
- Xogos Medievais: Habilidade, Inxenio, Entretemento e Diversión
- Baqueta Medieval
- Tiro con Arco: Prácticas de tiro
- Cetrería: Exposición de aves rapaces
- 12:00 Izado do pendón da vila. Pasarúas de apertura.
- 12:30 Pregón de apertura: un singular pregón que nos introducirá "noutro tempo", tempo de batallas e loitas, pero tamén de textos e poesía... unha invitación a compartir o medievo...
- 13:00 Espectáculo de cetrería
- 13:00 Personaxes de animación teatro-circo pasearán facendo "rir e chorar" ó público
- 13:30 Pasarúas: Romances. Cabaleiros e damas de alta alcurnia pasean polo mercado, no seu deambular ofrecerán ó sorprendido pobo algúns dos máis coñecidos romances e lendas do seu tempo
- 14:00 Animación musical
- 14:00 Soldados... ¡Á caza! Os soldados da guarda saen en ronda en busca de malfeitores e xentes de mal vivir
- 14:30 Descanso
- 18:00 Apertura do Mercado
- Xogos Medievais: Habilidade, Inxenio, Entretemento e Diversión
- Baqueta Medieval
- Tiro con Arco: Prácticas de Tiro
- Cetrería: Exposición de Aves Rapaces
- 18:00 Pasarúas: Diferentes personaxes de teatro, danza e circo divertirán ó espectador de todas as idades
- 18:00 Músicos e xoglares desperezan ó mercado entre os seus sons e danzas
- 19:00 Espectáculo de cetrería
- 19:00 Contacontos
- 19:30 Música do medievo invita á festa
- 19:30 Personaxes itinerantes
- 20:00 Xoglares. Entre sons e acrobacias, os xoglares nos contarán algunha divertida historia, algún conto e algunha interesante lenda...
- 20:30 Músicos do medievo invitan á fiesta
- 21:30 Pasarúas dos reos
- 22:00 Animación musical
- 22:30 Espectáculo nocturno
- 23:30 Procesión de fachos
DOMINGO 24 DE XULLO
- 11:30 Apertura do Mercado
- Xogos Medievais: Habilidade, Inxenio, Entretemento e Diversión
- Baqueta Medieval
- Tiro con Arco: Prácticas de tiro
- Cetrería: Exposición de aves rapaces
- 11:30 Pasarúas. Zancudos e personaxes a pé. Animación itinerante polo mercado
- 11:30 Música Medieval
- 12:00 Pasarúas A Familia. Un peculiar grupo chega ó mercado coa pretensión de mercar viandas para a súa posada pero a algarabía do mercado failles trocar de idea...
- 12:30 Personaxes de teatro-circo continuarán facendo rir e chorar...
- 13:00 Espectáculo de cetrería
- 13:00 Pasarúas de personaxes. Unha vez calmados os ánimos, as peculiares características desta boa xente faranlles esquecer o seu cometido inicial i emprender unha divertida aventura de xogos, contos e historias...
- 13:30 Animación musical
- 14:00 As bailarinas do ventre. A maestra saca ás súas alumnas á rúa para presentar as súas dotes ó público. Pasarúas parodia de baile oriental
- 14:30 Descanso
- 18:00 Apertura do Mercado
- Xogos Medievais: Habilidade, Inxenio, Entretemento e Diversión
- Baqueta Medieval
- Tiro con Arco: Prácticas de Tiro
- Cetrería: Exposición de Aves Rapaces
- 18:00 Condeados... Os exescravos. Os carceleiros arrastran ós seus prisioneiros polas rúas para mofa dos habitantes
- 18:30 Animación musical
- 19:00 Espectáculo de cetrería
- 19:00 Personaxes de teatro e circo
- 19:30 Pasarúas. Xoglares e cómicos chegan ó mercado. Acrobacias, contos i enredos nun divertido paseo polol mercado
- 20:00 Música animará o mercado
- 20:30 Lendas do bosque. Uns singulares duendes contarannos algunhas das súas máis entrañables historias...
- 21:00 Espectáculo cómico de faquirismo
- 22:00 Pasarúas de despedida. Cómicos e xoglares despidense da vila entre músicas e danzas.
- 23:00 Espectáculo nocturno con animación musical
- 00:00 PECHE









