
7 e 8 de Maio: Santa Comba (A Coruña)
Poboación de A Coruña, na ruta do Camiño de Santiago Fisterra-Muxia, a 58 km. da ciudade de A Coruña e a 33 km. de Santiago de Compostela.
Aberto o prazo de Pre-Inscrición. (descargar solicitude e normas de participación)
Número reducido de postos. Aínda temos espacio para determinados productos. Consúltanos.
Noticias relacionadas:
Época que se recrea: Celta.
Tras o éxito da II edición celebrada o pasado mes de maio, o eixe central desta recreación será unha homenaxe á Santa Comba, Meiga e Santa Popular das “Bruxas Galegas”.
As súas raíces celtas evidéncianse polos restos arqueolóxicos encontrados e pola súa propia toponimia, ademais da existencia de poboados castrexos, fundamentan a celebración desta Festa Celta, unha celebración participativa na que procuramos conxugar ocio, historia e cultura, procurando que os asistentes teñan a oportunidade de acercarse ós seus orixes celtas, coñecer parte da súa cultura, usos, costumes, mitos e lendas.
Esquema do Programa:
- Poboado Castrexo coas súas pallozas
- Campamento Castrexo
- Exhibicións de Tiro con Arco
- Talleres Demostrativos e Participativos
- Exposición de Cetrería e exhibición de voos
- Espacios Interactivos e Participativos
- Programa de Animación
- Desfile de Antorchas
- Homenaxe a Santa Comba
- Gran Hoguera, Conxuro e Queimada









