Español(Spanish Formal International)Galician (Galego)

III Mercado Celta: “Festa Celta de Beltaine”

Correo-e Imprimir PDF

7 e 8 de Maio: Santa Comba (A Coruña)

Poboación de A Coruña, na ruta do Camiño de Santiago Fisterra-Muxia, a  58 km. da ciudade de A Coruña e a 33 km. de Santiago de Compostela.

Aberto o prazo de Pre-Inscrición. (descargar solicitudenormas de participación)

 

Número reducido de postos. Aínda temos espacio para determinados productos. Consúltanos.

Noticias relacionadas:

Época que se recrea: Celta.


Tras o éxito da II edición celebrada o pasado mes de maio, o eixe central desta recreación será unha homenaxe á Santa Comba, Meiga e Santa Popular das “Bruxas Galegas”.

As súas raíces celtas evidéncianse polos restos arqueolóxicos encontrados e pola súa propia toponimia, ademais da existencia de poboados castrexos, fundamentan a celebración desta Festa Celta, unha celebración participativa na que procuramos conxugar ocio, historia e cultura, procurando que os asistentes teñan a oportunidade de acercarse ós seus orixes celtas, coñecer parte da súa cultura, usos, costumes, mitos e lendas.

Esquema do Programa:

  • Poboado Castrexo coas súas pallozas
  • Campamento Castrexo
  • Exhibicións de Tiro con Arco
  • Talleres Demostrativos e Participativos
  • Exposición de Cetrería e exhibición de voos
  • Espacios Interactivos e Participativos
  • Programa de Animación
  • Desfile de Antorchas
  • Homenaxe a Santa Comba
  • Gran Hoguera, Conxuro e Queimada
 
?>