Os mercados de época constitúen non soamente un elemento dinamizador do mundo artesanal, asociativo, cultural e artístico, senón tamén un impulso para o comercio e a hostalaría da propia localidade ou cidade na que se celebren e o seu ámbito de influencia, contribuíndo ao intercambio cultural e á convivencia, converténdose nun atractivo turístico de carácter nacional e mesmo internacional.
Conscientes desta realidade, e en base á nosa ampla experiencia, organizamos os nosos mercados tendo en conta os principios básicos de:
- Variedade
- Calidade
- Respecto á actividade artesanal e ao comercio local
- Diversidade de orixes
- Diversidade de culturas
- Ambientación e vestiario acorde
Procuramos respectar sempre a singularidade e diferenciación, tendo en conta aqueles aspectos propios da localidade ou cidade, acompañado por un completo e variado programa de animación e espectáculos, espazos interactivos, xogos, talleres demostrativos e participativos, para atraer e entreter ao público.